top of page
Buscar

O alcalde salienta a importancia da bicicleta como forma de mobilidade

  • Vigo Confidencial
  • 18 jun 2020
  • 1 Min. de lectura

“A bicicleta veu para quedar como forma de mobilidade e debemos concienciarnos como cidade e como colectivo da súa importancia”, destacou o rexedor en rolda de prensa tras o encontro virtual que mantivo cos representantes de A golpe de pedal e da asociación nacional Conbici.

Coas dúas entidades abordou Caballero a potenciación da bicicleta como forma de mobilidade en Vigo, unha cidade cun clima que se presta ao uso deste medio de transporte, segundo apuntou e onde se instalaron xa case 200 aparcabicicletas. Así, lembrou que o goberno municipal está executando o carril bici entre Teis e Samil, que ten un orzamento de case 6 millóns de euros. Nestes momentos, os traballos concéntranse no tramo situado entre Praza da Independencia e Praza América onde o carril vai segregado do resto de circulacións.

Ademais, o Concello está redactando un plan director de carrís bici da cidade, como documento marco que permita dar un soporte técnico para futuras actuacións unificando as pautas de actuación con criterios técnicos, morfolóxicos, sociais e económicos que afectan a este tipo de implantacións en Vigo.


 
 
 

Comments


Never Miss a Post. Subscribe Now!

I'm a paragraph. Click here to add your own text and edit me. It's easy.

Thanks for submitting!

© 2023 by Kathy Schulders. Proudly created with Wix.com 

  • Grey Twitter Icon
Contáctanos

¡Gracias por tu mensaje!

bottom of page