Medidas adicionales 2 COVID-19 Concello de Vigo
- Vigo Confidencial
- 14 mar 2020
- 1 Min. de lectura
RESOLVO
Primeiro.- Decretar, dende do 17 de marzo e ata o 29 de marzo, o peche total da atención presencial das oficinas de servizos administrativos agás aquelas que, polo servizo que prestan, poidan manter atención en servizos mínimos mediante cita previa. Manterase a atención telemática e telefónico no conxunta da administración, publicándose o directorio na web municipal con dito teléfono.
Segundo.- Establecer, en consecuencia, o sistema atención presencial na Casa do Concello con cita previa limitado para as seguintes oficinas:
- Oficina de Asistencia en materia de Rexistros
- Estadística para labores de altas, modificacións ou renovacións padronais e expedición de volante de empadroamento.
- Recadación voluntaria e executiva
- Benestar Social
- Servizo de Cemiterios
A obtención de cita previa estará dispoñible telefónicamente e no seguinte enlace: https://sede.vigo.org/expedientes/formularios/sol_cita_previa.jsp?lang=es
Terceiro.- Lembrar a posibilidade de tramitación telemática da totalidade dos procedimentos municipais a través da sede electrónica (https://sede.vigo.org/expedientes/sede/). Naqueles casos nos que a cidadanía non dispoña de sistema de identificación e sinatura electrónica, poderán obter a carpeta cidadá no Concello (oficina de asistencia en materia de rexistro) mediante a solicitude de cita previa.
Cuarto.- A presente resolución terá efectos a partires do 17 de marzo e ata o 29 de marzo, sen perxuízo da súa ampliación si así o requiren as circunstancias.
Quinto.- Dar publicidade deste acordo mediante todos os medios internos e externos dispoñibles, procurando a máxima difusión á cidadanía.

Kommentarer